Este libro móstranos as máis fermosas lendas e fábulas que diversos pobos de moi distintas partes do mundo foron transmitindo de xeración en xeración durante centos de anos. Este tipo de lectura breve e amena, constitúe un bo recurso lúdico e educativo para os máis pequenos, ademáis de transmitir valores, desenvolver a sensibilidade e a creatividade, estimular a memoria, axudarnos a reflexionar e sobre todo fomentar o amor pola lectura, a través da cal os máis pequenos enriquecen a súa...
More DescriptionEste libro móstranos as máis fermosas lendas e fábulas que diversos pobos de moi distintas partes do mundo foron transmitindo de xeración en xeración durante centos de anos. Este tipo de lectura breve e amena, constitúe un bo recurso lúdico e educativo para os máis pequenos, ademáis de transmitir valores, desenvolver a sensibilidade e a creatividade, estimular a memoria, axudarnos a reflexionar e sobre todo fomentar o amor pola lectura, a través da cal os máis pequenos enriquecen a súa cultura, melloran a súa linguaxe e desenvolven a capacidade de concentración.O 10% das vendas do libro será doado a Aldeas Infantiles SOS, unha organización internacional, non gobernamental, privada, de axuda á infancia, sen ánimo de lucro e a súa misión principal é proporcionar un fogar e unha familia a aqueles nenos que non poden vivir cos seus pais. No mundo existen 473 Aldeas Infantiles SOS repartidas en 134 países, atendendo a máis de 450.000 nenos e nenas.Sobre os Autores: Francisco Yáñez Brea, enxeñeiro de profesión, encargouse de recompilar algunhas das mellores lendas e fábulas que se transmitiron de xeración en xeración en moi distintas zonas xeográficas do mundo. Sara e Marcos Yáñez Maceira, dous nenos galegos de 7 e 10 anos, colaboraron poñendo toda a súa ilusión na realización das fantásticas ilustracións que inclúe o libro.